Ir al contenido principal

ACTO DE PRESENTACIÓN E BENDICIÓN DO TRONO DE NOSA SEÑORA DA HUMILDAD


COMEZA A CONTA ATRÁS....


Un soño levantado con gran esforzo e devoción. Ideado por un grupo de mozos santiagueses que cada vez desperta unha maior ilusión. Un soño que ano tras ano non cesa de medrar....

Unha soño que no cuarto ano da súa corta existencia cumprirá unha das súas metas.


E .... só faltan 5 días...

Cinco días para unha data que marcará a historia desta nacente confraría... Cinco días para que todos os humildes poidamos afirmar que a Virxe da Humildade ten trono propio.


Queridos cofrades, esperámovos o día 8 de Abril do 2011 na nosa sede procesional (Santa María do Camiño) para celebrar un emotivo acto no que se fará a presentación oficial e a bendición do trono da nosa Virxe Humilde.

O evento estará oficiado por Don Elisardo Temperán; Canciller do Arzobispado da cidade compostelana e Consiliario da Xunta de Confrarías, e será concluído pola agrupación musical A.M. Virxe da Amargura de Ferrol, quenes nos deleitarán con un pequeno concerto.


Así pois, ben queridos humildes... vémosnos o vindeiro venres.


¡¡¡ VIVA A HUMILDADE !!!