Ir al contenido principal

NOTICIAS .


O alcalde quere que a Semana Santa de Santiago se siga asentando coma un atractivo turístico máis da cidade

O presidente da Xunta de Confrarías avanzou novidades no programa deste 2013, incluído un cambio de imaxe e novos contidos

19.45h.
A- A+

O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse coa Xunta de Confrarías de Santiago, encabezada polo seu presidente, Manuel Souto. No encontro falouse da programación da Semana Santa, que se abrirá co pregón do 16 de marzo en San Paio. Os contidos desta celebración serán presentados en Raxoi o 14 de febreiro.
Estas dúas datas foron anunciadas tras a reunión polo alcalde, quen apuntou o seu desexo de que a Semana Santa de Santiago, ademais do seu sentido relixioso, "sexa un atractivo turístico nuns momentos delicados", do que se poida beneficiar a hostalería e outros sectores económicos da cidade. Brindou a colaboración do Concello para a boa fin desta celebración e agradeceu a confrarías e irmandades o seu traballo na organización das diferentes procesións.
Pola súa parte, o presidente da Xunta de Confrarías avanzou novidades no programa deste 2013, incluído un cambio de imaxe e novos contidos. Tamén se dará entrada ás novas tecnoloxías e ás redes sociais, co fin de facilitar que se coñeza o evento.

INFORMA: EL CORREO GALLEGO.